3ª Edición

O Movemento Incitus

O Movemento Incitus é unha iniciativa privada sen ánimo de lucro que nace en Galicia con vocación de crecemento. Apoiamos e promovemos o desenvolvemento de empresas rendibles do sector da hostalaría, cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade, cunha imaxe de marca sólida e un punto de venda con personalidade propia e diferenciado.

Participa en Incitus

Poderás contar coa axuda e o consello de profesionais do mundo da hostalaría e os negocios de xeito totalmente gratuíto, axudarémoste a desenvolver a túa idea para que se converta nun negocio condenado ao éxito.

Colabora con Incitus

Es dos que quere mellorar o mundo ou te conformas con observar como outros o fan? Incitus é unha iniciativa responsable que axuda aos emprendedores a poñer en marcha os seus negocios co asesoramento, a experiencia e o apoio de xente coma ti. Queres poñer o teu gran de area?

Quero manterme informado das novidades Incitus. Suscríbete

Patrocinado por

Patrocinadores e Promotores

  • Que é Incitus
  • Premio Incitus
  • Quen pode participar
  • Filosofía Incitus

Incitus é un iniciativa privada sen ánimo de lucro que nace para dinamizar o sector da hostalaría galega, apoiando, acompañando e premiando aqueles proxectos cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade, cunha imaxe de marca sólida e un punto de venda con personalidade propia e diferenciado, como ferramentas que garanten o éxito do negocio.

Incitus conta coa colaboración de empresarios e profesionais do sector hostaleiro que aconsellarán, formarán e acompañarán de forma desinteresada aos participantes que presenten o seu proxecto, xa sexan estes de nova implantación ou de reorientación de negocios existentes.

Ler máis

Premio Incitus. Un xurado determinará o gañador do Premio Incitus de entre todos os finalistas. O Premio Incitus constará de relevantes servizos tales como o plan de negocio, a identidade corporativa, estudo de viabilidade, estratexia de marketing, implantación de marca online e offline, asesoramento laboral, asesoramento fiscal, asesoramento culinario, asesoramento en novas tecnoloxías, proxecto de interiorismo comercial e dirección de obra, etc.

Mentorización. Todos os participantes seleccionados converteranse en “Candidatos” e accederán á fase de “Mentorización” na que recoñecidos expertos do sector empresarial e hostaleiro acompañarán, formarán e asesorarán os mellores proxectos.

Ler mais

Todo proxecto ou idea empresarial que teña que ver co sector da hostalaría e que pretenda implantarse, ou xa se atope implantado, nun local comercial físico -ou varios- dentro do territorio galego.

Buscamos proxectos reais para acompañar e convertelos en referentes do sector. Proxectos serios e decididos que se vaian desenvolver resulten ou non gañadores do premio Incitus. Seleccionaremos os mellores e acompañarémolos en todo o proceso de implantación.

Ler máis

O principal cometido de Incitus é colaborar na solución a dous grandes problemas cos que contan tanto as empresas en xeral como os proxectos do sector da hostalaría en particular: a diferenciación da competencia e o financiamento.

A diferenciación está implícita na Filosofía Incitus. Premiaremos e acompañaremos aos proxectos máis innovadores dentro do sector hostaleiro. Proxectos vangardistas, singulares, creativos, sostibles, identificados co territorio. En definitiva, proxectos diferentes.

Incitus colabora no financiamento das empresas de forma directa reducindo o capital necesario para poñer en marcha un proxecto mediante a prestación gratuíta de relevantes e necesarios servizos de gran valor para o empresario; e de forma indirecta coordinando conxuntamente cos candidatos o desenvolvemento dun Plan de Negocio viable e crible que poida ser presentado con garantías nas entidades financeiras.

Leer mais

E ademais… difusión

Os mellores proxectos. A mellor rede de profesionais do sector da hostalaría. Unha iniciativa sostible na que todos gañamos. Un sistema retroalimentado. Uns achegan coñecemento e experiencia. Outros dinamizan o sector comercial galego. E todos reciben unha gran difusión e posicionanse como referentes a través dun branding solidario de calidade.

Ver máis